Cada cromosoma da célula ten unha molécula de ADN.
2) Cantos cromosomas hai nun glóbulo vermello humano?
Debería ter 46 cromosomas como unha célula humana pero como perdeu o núcleo non os ten.
3) Diferenza entre cromosoma, cromátide, centrómero, xene e cromosomas homólogos.
CROMOSOMA: corpúsculo onde reside o ADN e, polo tanto, a información xenética.
CROMÁTIDA: cada unha das moléculas de ADN que forman un cromosoma.
CENTRÓMERO: punto de unión das dúas cromátidas irmás dun cromosoma.
XENE: fragmento de ADN disposto nunha orde fixa nos cromosomas, que determina a aparición dos caracteres hereditarios nos seres vivos.
CROMOSOMA HOMÓLOGO: cada un dos dous cromosomas iguais dunha célula diploide.
4) Onde se locaizan os xenes dun individuo?
Localízanse nunhas zonas que posúen os cromosomas denominados loci.
5) De onde procede cada cromosoma da parella de cromosomas homólogos ?
Os cromosomas das células organízanse en parellas de cromosomas homólogos. Os dous cromosomas de cada parella son da mesma forma e tamaño; un procede do pai e outro da nai.
6) En que se diferencian o cariotipo dun home e o dunha muller?
A parella que determina o sexo dun individuo recibe o nome de cromosomas sexuais, ou heterocromosomas. Nos mamíferos denomínase X e Y. No cariotipo humano represéntase no último par de cromosomas, o par 23. Este par de cromosomas pode ser XX, feminino ou, XY, masculino. O resto dos cromosomas chámase autocromosomas.
7) Diferenza entre células diploides e haploides. Indica exmplos de cada unha delas.
- AS CÉLULAS DIPLOIDES: As células diploides son todas as células somáticas que posúen as 23 parellas de cromosomas.
- AS CÉLULAS HEPLOIDES: Son os gametos as únicas células heploides, conteñen só un xogo de cromosomas, e dicir 23 cromosomas.

