jueves, 18 de octubre de 2018

TEMA 1 PAX 9

1) Que características teñen as células procariotas?Que son os plásmidos?

Son células moi primitivas, de pequeno tamaño con unha organización moito máis sinxela que as células eucariotas.
- As células procariotas non teñen núcleo.
- Teñen unha membrana plasmática formada por unha bicapa de lípidos, proteínas e glícidos, ao redor desta membrana poden presentar unha parede celular e mesmo unha cápsula.
- No seu citoplasma posúen ribosomas.
- Teñen uns pelos ou pili que lle permiten unirse a outras células.

Os plásmidos son moléculas de ADN circulares que se replican independentemente do cromosoma da célula hóspede. Atópanse naturalmente nas bacterias.

2) Indica que é un virus e por que non está considerado un ser vivo.

Os virus son estructuras acelulares formadas por un ácido nucleico e por proteinas. A única propiedade que comparten cos seres vivos é a capacidade de reproducción, para a que necesitan parasitar a unha célula, xa que eles carecen dos orgánulos necesarios para sintetizar as súas propias moléculas.

3) Indica tres diferenzas entre as células procarioatas e as células eucariotas.


A CÉLULA PROCARIOTA:
- non teñen núcleo.
-  No seu citoplasma posúen ribosomas.
-  Son células moi primitivas, de pequeno tamaño.

A CÉLULA EUCARIOTA: 
- Teñen membrana plásmática.
- Son células grandes e complexas.
- Posúen orgánulos membranosos.

 4) Como é a envoltura nuclear? Que características a diferencian dunha membrana?

A envoltura nuclear está formada por dúas membranas e posúe poros que permiten o paso de moléculas cara a e desde o citoplasma.

Diferenciase dunha membrana porque a súa membrana externa ten ribosomas asociados, ao igual que a do retículo endoplasmático rugoso, do que é continuidade.

5) Cal é a composición da cromatina? Que relacción hai entre a cromatina e os cromosomas?

A cromatina está formada por moléculas de ADN asociadas cunhas proteínas chamdas histonas.

Forma longas fibras que se acurtan e condensan para formar os cromosomas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA