
Na súa tese orixinal Wegener propuxo que os continentes se desprazaban sobre outra capa máis densa da Terra que conformaba os fondos oceánicos e que se prolongaba baixo eles da mesma forma en que un despraza unha alfombra sobre o piso dunha habitación.
Porén, a enorme forza de fricción implicada, motivou o rexeitamento da explicación de Wegener e a posta en suspenso, como hipótese interesante peor non probada de forma científica, da idea do desprazamento continental.
2)
A teoría da expansión do fondo oceánico propón que os fondos oceánicos se forman nas dorsais oceánicas a partir do magma procedente do manto.
Este novo solo oceánico empurra o xa existente e, como consecuencia, os fondos oceánicos vanse expandindo e destrúense nas fosas oceánicas, nalgúns bordes continentais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario