domingo, 16 de junio de 2019

TEMA: 11 PÁX: 217

1)

A parte do seu espesor, o que diferencia a codia continental e a oceánica son os materiais que as compoñen e a súa antigüidade.

A codia continental está formada por rochas da familia dos granitos e por rochas metamórficas e sedimentarias. Pode ter máis de 4000 millóns de anos aínda que se estea xerando continuamente.

A codia oceánica, en cambio, está constituída principalmente por basalto. A diferenza da codia continental, a oceánica aparte de estarse xerando continuamente tamén se destrúe, polo cal a máis antiga ten soamente 180 millóns de anos.


2)

A litosfera é unha unidade estructural, duns 100 km de espesor, formada pola codia e a rexión superior do manto. É a capa máis superfcial da estructura interna da Terra segundo o modelo baseado no seu comportamento dinámico.

3)

O manto terrestre é unha capa sólida e rochosa que chega ata os 2900 km de profundidade. A súa temperatura aumenta coa profundidade chegando aos 3770 ºC.

O manto diferenciase da codia e do núcleo principalmente, pola súa composición química. Está formado por elementos como o ferro, o magnesio e o silicio, que forman unha rocha característica, a a peridotita.

4)

A calor interna da Terra produce no núcleo externo un movemento convectivo das masas de ferro que transmite a calor cara ao manto profundo e este, á súa vez, cara á superficie. Este fenómeno ten como consecuencia:

- Os procesos xeolóxicos que ocorren na superficie terrestre (volcáns, terremotos...)
- O campo magnético terrestre.

Se se arrefriara o interior da Terra, desaparecerían estes procesos xeolóxicos  e o campo magnético, deixando a Terra exposta aos ventos solares.

5)

O campo magnético terrestre orixínase no núcleo externo debido ao movemento das masas de ferro que se encontran nel.

Este campo magnético xera un espazo denominado magnetosfera que actúa como pantalla protectora fronte aos ventos solares. Se non existira a magnetosfera os ventos solares arrastrarían os gases da atmosfera.

6)

Nos polos magnéticos entran partículas cargadas do vento solar, que ao chocar cos átomos e moléculas da atmosfera orixinan as auroras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA