Na metafase as fibras do fuso alinean os cromosomas ao longo do meido do núcleo celular. Esta organización axuda a asegurar que na próxima fase, cando os cromosomas se separan, cada novo núcleo recibirá unha copia de cada cromosoma.
2) Por que son idénticas as dúas cromátides dun cromosoma metafásico?
As dúas cromátidas dun cromosoma metafásico son idénticas xa que mediante o proceso de replicaión do ADN, durante a fas S da interfase, se producen dúas cromátidas a partir dunha xa existente. Cada unha das cromátidas está composta dunha fibra de ADN xa existente e outra nova, por iso se di que a duplicación do ADN é semi conservativa. Unha das cromátidas será a molécula de ADN orixinal do pai ou nai que se utiliza como molde para fabricar a outra cromátida filla mediante o proceso de replicación.
3) Indica as diferenzas entre a citocinese nas células animais e vexetais. A que crees que se deben estas diferencias? Repasa as diferenzas entre a célula animal e vexetal.
Nas células animais a formación dun surco, na división implica unha expansión da membrana nesta zona é unha contracción progresiva causada por un anel periférico contráctil de actina asociado á miosina. Este anel producirá a separación das dúas células fillas por estrangulación do citoplasma.
As células das plantas teñen un proceso de división diferente, que consiste na acumulación de vesículas do aparello de Golgi que conteñen elementos da parede celular na zona central da célula. As vesículas fórmanse e entran en contacto coas paredes laterais da célula. Deste xeito, fórmase o tabique ou fragmentoplasto que fara posible a división celular.

4) Cal é a importancia do fuso durante a mitose?
O fuso e o encargado de controlar o movemento dos cromosomas durante a mitose. Os cromosomas ancóranse ás fibras do fuso e estas controlan a separación das cromátides e o seu desprazamento cara as futuras células fillas. Os centríolos só están presentes nas células animais.
5) A que se debe que os cromosomas se fagan visibles durante a mitose? En que estado se atopan noutras etapas do ciclo?
Fanse visibles debido a que a cromatina se compacta e estes adquiren a forma de corpos visibles. Estes vense con todos os seus compoñentes. Estes fanse visibles en etapas posteriores ou anteriores a mitose ou meiose.
6) Explica porque a reproducción asexual produce clons.
Produce clons porque estes organismos asexuais utuilizan a mitose para producir novos individuos, e cada división celular produce dous novos individuos que son iguais.
7) Repasa as diferenzas entre a reproducción sexual e a asexual.
- A reprodución sexual é o proceso polo cal algunhas especies crean novos individuos. Isto implicaba dous individuos da mesma especie pero de diferente sexo (macho e femia), que unen as súas células reprodutivas ou gametos (esperma e ovos) para a creación dun novo ser.
- A reprodución asexual é a reprodución que se produce sen ningunha interacción entre dous membros diferentes dunha especie. Neste proceso, as células están divididas por mitosis, que constitúen dúas novas células coa mesma cantidade e información xenética como a célula orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario