jueves, 28 de febrero de 2019

TEMA: 5 PÁX: 91

1) Enumera os cambios anatómicos que tiveron lugar ao longo do proceso de hominización.

Principais cambios anatómicos:
- A adquisición dunha postura bípeda ou erguida.
- A remodelación do rostro e a dentición.
- O cambio na función das extremidades. 




2) Cal é a causa pola que se adquiriu unha postura bípede ou ergueita? Que facilitou esta característica?

Débese ao cambio climático, debido a que se pasou dunha selva arborada a unha árida saban, isto fixo que obrigara a grupos de primates a abandonar a súa vida na selva para camiñar en grandes espazos abertos.

O bipedismo facilitoulles poder observar o horizonte por encima das altas plantas herbáceas da sabana, percorrer grandes distancias, poder cruzar cauces de auga... Tamen se modificou o seu esqueleto.

3) Describe os cambios que tiveron lugar durante a hominización nas funcións das extremidades inferiores.

As extremidades inferiores destínanse unicamente a actividades locomotoras, polo que se alongan máis que as superiores. O pé convertese en plantígrado.

4) Cales son os cambios reproductivos e na linguaxe que se orixinan como consecuencia da hominización?

A especie humana tivo moito éxito reproductivo, favorecido pola desaparición do celo, que permitiu un número progresivamente máis grande de contactos sexuais e unha maior fertilidade das femias. Ademais, a gran variabilidade de gametos resultante do proceso de recombinación xenética favoreceu a diversidade de individuos e a capacidade  de adaptación a unhas condicións ambientais cambiantes.

Igualmente, o ciclo  de vida dos seres humanos tamén se caracteriza pola existencia de fases que non existen noutras especies. As crias nacen indefensas e necesitan atencións e cooperación entre individuos adultos para proporcionarlles alimento e defensa.


TEMA: 5 PÁX: 89

1) Que probas clásicas avalan o feito da evolución?

- As probas anatómicas.
- As probas bioxeográficas.
- As probas embriolóxicas.
- As probas moleculares.

2) Utilizando os datos da táboa que amosa as diferenzas nas secuencias de aminoácidos da emoglobina dalgunhas especies de mamíferos, que especie é a que menos diferenzas presenta con respecto á especie humana? E a que máis? Por que?

- O chimpancé é a especie que presenta menos diferenzas de aminoácidos coa especie humana.
- A especie da táboa que presenta máis diferenzas coa especie humana é o cabalo.
- Porque cando se comparan distintos organismos a nivel molecular ponse de manifesto unha unidade química que indica a existencia de antepasados comúns a todos eles. Canto maior é o parentesco evolutivo entre dúas especies, máis se parecerán a nivel molecular.

jueves, 21 de febrero de 2019

TEMA: 5 PÁX: 87

1) Por que ao neodarwinismo se lle denomina tamén teoría sintética da evolución?

Porque xunta a teoría evolutiva de Darwin xunto cos coñecementos posteriores a súa teoría.

2) Que relacción existe entre variabilidade xenética, adaptación e selección natural?

A selección natural actúa sobre a variabilidade xenética acabando coa adaptación dos individuos ao medio.

3) Como explica a teoría do equilibrio puntuado a ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil?

Equilibrio puntuado: A partir da especie ancestral, as especies seguen varias liñas evolutivas, non soamente unha.
A transformación prodúcese a saltos e altérnanse etapas de especiación con períodos de estase.

A transformación carea a unha nova especie realízase a partir do illamento dunha poboación pequena tras grandes extincións de especies. 

4) Analiza as diferenzas que existen entre o gradualismo, o neutralismo e o equilibrio puntuado. 



GRADUALISMO: creencia según a cal o cambio ocurre, ou debe ocurrir, lentamente en forma de pasos graduales. Na bioloxía o gradualismo oponse ao catas trofismo e ao saltacionismo.









NEUTRALISMO: o neutralismo é una relación biolóxica entre dúas especies ou poblacións que interactúan, na cal ningún dos individuos recibe beneficio ni perjuicio.







EQUILIBRIO PUNTUADO: é unha teoría do campo da evolución biolóxica proposta por Niles Eldredge y Stephen Jay
Gould en 1972.





domingo, 17 de febrero de 2019

TEMA: 5 PÁX: 85

1) En que puntos se basea a teoría de Lamark?

A súa teoría baséase en que a función crea o órgano e en que os órganos ou caracteres adquiridos durante a vida herdanse.

2) Cales son os motivos polos que na actualidade non se aceptan as ideas de Lamark?

Actualmente os coñecementos sobre a herdanza dos carácteres demostran que a teoría de Lamark é incorrecta. Os caracteres adquiridos por un individuo ao longo da súa vida, polo desuso ou uso, non se transmiten a descendencia, debido a que só se herdan aqueles cuya información se encontra nos xenes.

3) Cales son as ideas básicas nas que se fundamenta o darwinismo? Como explica a evolución das xirafas? En que se diferencia a teoría de Lamark?

- Entre os organismos existe unha loita pola supervivencia.
- Existe unha gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación.
- O medio selecciona aos organismos mellor adaptados.
- As especies evolucionan. 


TEMA: 5 PÁX 82

1) En que se diferencian as teorías da xénese mineral, das fontes hidrotermais e da panspermia?

A teoría da xénese mineral di que as grandes moléculas biolóxicas podrían terse sintetizado nunha sopa primitiva asentada sobre superficies de arxila.

A teoría das fontes hidrotermais di que a vida apareceu no fondo oceánico, debido ao calor que desprendían os volcáns e as chimeneas mariñas, e non nas charcas litorais expostas a intensa luz solar.

A teoría da panspermia esta teoría di que os primerios microorganismos non se orixinaron na terra senon que se orixinaron no espacio exterior e chegaron a terra nos meteoritos que impactaron sobre esta.

2) Cos coñecementos actuais crees que podería ser posible a teoría da panspermia?

Non porque no espazo non hai vida, senon que os humanos e demais seres vivos proceden do planeta Terra. Ademais as condicións do espazo non son aptas para que se produzca vida.




jueves, 14 de febrero de 2019

TEMA: 5 PAX: 83

1) Cales son as teorías fixistas? En que ideas se basean para explicar a orixe dos seres vivos?


As teorías fixistas son as que defenden un modelo non evolucionista no cal os seres vivos non sufriron ningunha modificación desde o momento no que se crearon ata ahora.

Baséanse en unha teoría relixiosa na que Deus o creou todo. Estes descartan teorías científicas e outras similares.

2) Que sostén a teoría das transformacións infinitas de Leclerc e cal é a súa importancia?

Leclerc sostiña que os seres vivos se transformaban ou evolucionaban por efecto da acción de factores ambientais. Estas teorías tiveron grande importamncia en naturalistas como Lamark ou Darwin.

TEMA: 5 PAX 81

1) Como explica a orixe da vida a teoría da xeneración espontánea? Por que esta idea se mantivo durante tanto tempo?

Esata teoría explica que Aristóteles no século IV a.C. Esta teoría postulaba que a vida xurdiu na terra a partir de materia inerte que espontaneamente  se transformaba para orixinar materia viva.

Mantívose debido as súas observacións que decían por exemplo que os cocodrilos saían dos troncos en descomposición da auga...

2) Que experimento realizou Redi co cal se rebateu por primeira vez a xeración espontánea? Por que razón deixou algúns frascos sen cubrir?



3) Quen demostrou definitivamente e irrefutablemente que non existe a xeración espontánea? Como fixo?

Foi Pasteur.



4) Como explica a teoría da sopa primitiva a orixe da vida na Terra?

1) Pasteur demostrou que son os microorganismos do aire os que descompoñen os medios de cultivo. Para iso, verteu caldo de carne en dous matraces A e B e mediante o uso dunha chama curvou o pescozo dos matraces ata darlles forma de S para que poidese entrar o aire e os microorganismos quedasen atrapados na curvatura.
2) Ferveu o caldo para esterilizalo
3) Trancorridas unhas semanas advertiu que en ningún dos dous medios de cultivo se desenvolvían microorganismos. Despois cortou o pescozo dun dos matraces e un tempo despois deuse de conta de que o matraz aberto había microorganismos.

JOHN RAMBO BIOLOGÍA