jueves, 28 de febrero de 2019

TEMA: 5 PÁX: 91

1) Enumera os cambios anatómicos que tiveron lugar ao longo do proceso de hominización.

Principais cambios anatómicos:
- A adquisición dunha postura bípeda ou erguida.
- A remodelación do rostro e a dentición.
- O cambio na función das extremidades. 




2) Cal é a causa pola que se adquiriu unha postura bípede ou ergueita? Que facilitou esta característica?

Débese ao cambio climático, debido a que se pasou dunha selva arborada a unha árida saban, isto fixo que obrigara a grupos de primates a abandonar a súa vida na selva para camiñar en grandes espazos abertos.

O bipedismo facilitoulles poder observar o horizonte por encima das altas plantas herbáceas da sabana, percorrer grandes distancias, poder cruzar cauces de auga... Tamen se modificou o seu esqueleto.

3) Describe os cambios que tiveron lugar durante a hominización nas funcións das extremidades inferiores.

As extremidades inferiores destínanse unicamente a actividades locomotoras, polo que se alongan máis que as superiores. O pé convertese en plantígrado.

4) Cales son os cambios reproductivos e na linguaxe que se orixinan como consecuencia da hominización?

A especie humana tivo moito éxito reproductivo, favorecido pola desaparición do celo, que permitiu un número progresivamente máis grande de contactos sexuais e unha maior fertilidade das femias. Ademais, a gran variabilidade de gametos resultante do proceso de recombinación xenética favoreceu a diversidade de individuos e a capacidade  de adaptación a unhas condicións ambientais cambiantes.

Igualmente, o ciclo  de vida dos seres humanos tamén se caracteriza pola existencia de fases que non existen noutras especies. As crias nacen indefensas e necesitan atencións e cooperación entre individuos adultos para proporcionarlles alimento e defensa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA