Un sistema defínese como un conxunto de elementos interrelacionados que funcionan de maneira coordinada.
Un ecosistema é un sistema constituído por organismos que se relaccionan de seu e co espazo no que se instalan.
2) Que características do planeta Terra fan posible a existencia de vida?
- A existencia dunha atmosfera protectora contra as radiacións.
- Unha distancia ao sol que proporciona a temperatura adecuada.
- Unha achega continua de enerxía solar necesaria para o funcionamento do sistema terrestre.
- A existencia de auga en estado líquido.
3) Cales son os elementos do biótopo e da biocenose nun ecosistema artificial, como un acuario caseiro?
- Elementos da biocenose do acuario: poden ser os peixes, as algas e outros organismos que viven no acuario.
- Elementos do biótopo do acuario: a auga, o solo, o aire e os distintos elementos inorgánicos que formen parte da auga.


4) Que característica da Terra crees que fai posible a existencia de auga en estado líquido?
A causa fundamental son as suaves temperaturas debidas a dous factores:
- A distancia á que se atopa a Terra do Sol, que inflúe sobre a enrxía que recibe.
- A composición da súa atmosfera actúa como unha cuberta protectora para que non faga moito frío pola noite nin moita calor polo día.
5) Cres que os criterios que serviron para agrupar a distintos organismos nun grupo taxonómico, como é a especie, se poden modificar co tempo?
Si se poden modificar co tempo debido as diferentes variacións climatolóxicas que se podrán producir.
6) Que tipo de agrupamento ecolóxico é un bosque?
O bosque é un ecosistema formado por una comunidade de seres vivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario