1) Que características do medio acuático o fan un medio abiótico máis adecuado que o terrestre?
O medio acuático mantense maís estable e hai menos variacións das condicións ambientais, mentres que no medio terrestre se producen máis flutuacións da temperatura, da luz ou da humidade. Por este motivo o medio acuático podería chegar a ser máis adecuado ca o terrestre.
2) Porque é correcto afirmar que a altitude inflúe da mesma forma que a latitude na distribución dos ecosistemas? Razoa a resposta cun exemplo.
Debido a que a Terra se dividiu en tres grandes zonas latitudinais, fixo que en cada unha destas zonas o clima variara o cal fixo que tamén variara a distribución dos seres vivos. Isto mesmo ocorre coa altitude, O incremento da altitude implica a diminución da temperatura e da presión parcial, e este motivo afecta tamen a a distribución dos ecosistemas na Terra.
3) En que lugares da Península Ibérica ou das illas abundan máis as lagartas? Busca exemplos.
A especie de lagartas máis común na Península Ibérica é a lagarta Ibérica, este tipo de lagartas abundan con maior frecuencia en terreos rochosos, onde contan de forma simultánea con plataformas onde tomar o sol, e refuxios onde agacharse en caso de perigo. Esta especie de lagartas podémola atopar por case toda a península, excepto nas áreas máis frías. Nas Baleares tamén podemos atopar grande abundancia de lagartas como por exemplo a lagarta Balear, que ocupa todos os hábitats dispoñibles en cada unha das illas.
4) Cal é a fonte principal de enerxía que reciben os ecosistemas?
A principal fonte de enerxía que reciben os ecosistemas é a luz solar. Esta é captada durante a fotosíntese polos organismos autótrofos, e é a principal fonte de enerxía para o funcionamento da maioría dos ecosistemas.
sábado, 23 de marzo de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
JOHN RAMBO BIOLOGÍA
-
1) Cales son as enerxías non renovables? - O carbón. - O petróleo. - A enerxía de fisión nuclear. 2) Cales son as diferenzas máis im...
-
1) Indica as diferenzas que existen entre un sistema e un ecosistema. Un sistema defínese como un conxunto de elementos interrelacionados...
-
3) Cal é a diferencia fundamental entre recursos renovables e recursos non renovables? Recursos non renovables é sinónimo de que non se ren...
No hay comentarios:
Publicar un comentario