sábado, 27 de abril de 2019

TEMA: 7 PÁX: 133

1) Como sería o crecemento dunha poboación se non existisen factores que o limitasen? Que consecuencias tería isto para o ecosistema? 

Se non existiran factores que limitasen o crecemento dunha poboación, esta crecería de forma exponencial.
As consecuencias para o resto do ecosistema serían moi negativas xa que se produciría un desequilibrio que xeraría diferentes tipos de perturbacións.

2) O uso de hormonas para esterilizar os machos dalgunhas especies de mosquitos transmisores de enfermidades como a malaria, que tipo de consecuencias terá para a estabilidade de ecosistema? Como se denomina esta forma de combater as pragas? 

A esterilización do mosquito macho provocará unha diminución da poboación desta especie de mosquito.

A nivel do ecosistema natural, é probable que isto poida xerar unha perturbación e que o ecosistema se desequilibre. Xa que haberá depredadores deste mosquito que quedarán sen a súa presa.

Este tipo de loita denomínase biolóxica porque se utilizan métodos non químicos para acabar cos organismos que prexudican outros, neste caso, a especie humana.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA