sábado, 27 de abril de 2019

TEMA: 7 PÁX: 139

1) Emite unha valoración sobre o abandono das mascotas, que sucede con máis frecuencia nas vacacións. Que consecuencias ten este feito na estabilidade dos ecosistemas ?

A tutela dun animal de compañía é unha responsabilidade a longo prazo, debido ao seu periodo de vida. Ao trauma físico e psicolóxico que sofre cada un destes animais hai que engadirlle o custo económico  e o problema que afecta de diversas formas a sociedade e o ecosistema onde é abandonado. Debido que estes animais poden alimentarse doutros para sobre vivir poñendo así en riesgo a vida dos animais do ecosistema.


2) Busca información e fai un pequeno resumo do lobo como especie clave dos ecosistemas españois.

No medio natural a presenza ou ausencia das denominadas especies clave, como o lobo, pode xerar cambios notables na diversidade, e incluso, no bo  funcionamento dos ecosistemas. Parece que somos capaces de manter as poboacións saudables de lobos, poderemos mellorar en termos ecolóxicos, o conxunto de elementos naturais que con eles coexisten.
Numerosos traballos científicos manifestaron o papel e a relevancia sen par dos lobos na natureza. Por exemplo, a súa depredación de presas con peor condición físisca, realiza un efecto sanitario en poboacións de herbívoros, mantendo poboacións sas e vigorosas.



3) Busca información sobre as zonas de España que máis están a sufrir a invasión do caracol mazá e do siluro, explica o porqué desta localización. 

O caracol mazá é un molusco gasterópodo que se estendeu convertíndose nunha praga nos arrozais do Ebro. Está clasificada como unha das especies invasoras máis daniñas do mundo polos graves efectos que esta provoca sobre os ecosistemas por onde se propaga. A causa do problema foi a fuga de varios individuos dunha piscifatoría de l´Aldea, onde eran criados para o seu uso en acuarios de peixes exóticos.
O siluro foi introducido no encoro de Mequinenza con fins deportivos en 1974. Desde entonces estendeuse ao longo da conca do Ebro e tamén do río Segre. Tamén hai noticias de exemplares no encoro de Forata, na conca do Texo e na do Guadalquivir.



4) Que zonas dos nosos ecosistemas son as máis afectadas polo mexillón cebra? Como inflúe a súa presenza ás cadeas tróficas dos ríos? 

Os ríos son as zonas máis afectadas polo mexillón cebra. A súa elevadísima capacidade de reprodución convérteo nun axente de cambio ecolóxico radical xa que diminúe a concentración de fitoplancto na auga e altera completamente a cadea trófica dos ríos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA