lunes, 17 de junio de 2019

TEMA: 11 PÁX: 223

1)

Os puntos quentes son zonas de grande actividade volcánica, situadas no interior das placas. Maniféstanse como volcáns illados, volcáns alineados ou volcáns fisurais, tanto na litosfera continental como na oceánica.

Nestes lugares da Terra ascende o magma moi quente, en forma de penachos ou plumas, desde as zonas profundas do manto. A lava que emiten estes volcáns é moi fluída e quente.

2)

O magma fórmase no manto profundo debido á calor emitida polo núcleo. As elevadas temperaturas nesta zona fan que o material rochoso do manto se funda.

3)

O movemento de convección no manto terrestre prodúcese cando o material rochoso do manto, ao quentarse no seu límite inferior pola calor emitida polo núcleo externo, perde densidade e ascende cara á superficie. Polo contrario, o material que está en superficie, ao ser máis frío e denso, descende polo seu propio peso.

Como consecuencia deste movemento de convección e da transferencia de calor no interior da Terra, prodúcense os fenómenos xeolóxicos e xeodinámicos da superficie terrestre, como por exemplo, o movemento das placas litosféricas, o vulcanismo, os terremotos, a formación de cadeas montañosas, etc.

4)

O movemento das placas débese principalmente a dúas causas: a gravidade e o movemento convectivo do manto.

5)

As placas introducidas no manto fan que se separen as placas nas dorsais e o magma encha os ocos producidos. Este proceso, que se dá en todas as zonas de subdución do planeta, produce o movemento dos continentes.

6)

Se deixara de ascender o material quente do manto, deixarían de producirse os fenómenos xeolóxicos e xeodinámicos que suceden na superficie terrestre.

A ascensión de material quente do manto xera puntos quentes do planeta, coa formación de zonas de gran actividade volcánica. Ademais, tamén é a responsable da formación das dorsais oceánicas, directamente relacionadas co movemento das placas litosféricas e polo tanto, do movemento dos continentes, a formación de cadeas montañosas ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA