lunes, 17 de junio de 2019

TEMA: 11 PÁX: 219

1)

Na súa tese orixinal Wegener propuxo que os continentes se desprazaban sobre outra capa máis densa da Terra que conformaba os fondos oceánicos e que se prolongaba baixo eles da mesma forma en que un despraza unha alfombra sobre o piso dunha habitación.
Porén, a enorme forza de fricción implicada, motivou o rexeitamento da explicación de Wegener e a posta en suspenso, como hipótese interesante peor non probada de forma científica, da idea do desprazamento continental.


2)

A teoría da expansión do fondo oceánico propón que os fondos oceánicos se forman nas dorsais oceánicas a partir do magma procedente do manto.
Este novo solo oceánico empurra o xa existente e, como consecuencia, os fondos oceánicos vanse expandindo e destrúense nas fosas oceánicas, nalgúns bordes continentais.



domingo, 16 de junio de 2019

TEMA: 11 PÁX: 217

1)

A parte do seu espesor, o que diferencia a codia continental e a oceánica son os materiais que as compoñen e a súa antigüidade.

A codia continental está formada por rochas da familia dos granitos e por rochas metamórficas e sedimentarias. Pode ter máis de 4000 millóns de anos aínda que se estea xerando continuamente.

A codia oceánica, en cambio, está constituída principalmente por basalto. A diferenza da codia continental, a oceánica aparte de estarse xerando continuamente tamén se destrúe, polo cal a máis antiga ten soamente 180 millóns de anos.


2)

A litosfera é unha unidade estructural, duns 100 km de espesor, formada pola codia e a rexión superior do manto. É a capa máis superfcial da estructura interna da Terra segundo o modelo baseado no seu comportamento dinámico.

3)

O manto terrestre é unha capa sólida e rochosa que chega ata os 2900 km de profundidade. A súa temperatura aumenta coa profundidade chegando aos 3770 ºC.

O manto diferenciase da codia e do núcleo principalmente, pola súa composición química. Está formado por elementos como o ferro, o magnesio e o silicio, que forman unha rocha característica, a a peridotita.

4)

A calor interna da Terra produce no núcleo externo un movemento convectivo das masas de ferro que transmite a calor cara ao manto profundo e este, á súa vez, cara á superficie. Este fenómeno ten como consecuencia:

- Os procesos xeolóxicos que ocorren na superficie terrestre (volcáns, terremotos...)
- O campo magnético terrestre.

Se se arrefriara o interior da Terra, desaparecerían estes procesos xeolóxicos  e o campo magnético, deixando a Terra exposta aos ventos solares.

5)

O campo magnético terrestre orixínase no núcleo externo debido ao movemento das masas de ferro que se encontran nel.

Este campo magnético xera un espazo denominado magnetosfera que actúa como pantalla protectora fronte aos ventos solares. Se non existira a magnetosfera os ventos solares arrastrarían os gases da atmosfera.

6)

Nos polos magnéticos entran partículas cargadas do vento solar, que ao chocar cos átomos e moléculas da atmosfera orixinan as auroras.



sábado, 15 de junio de 2019

TEMA: 10 PÁX: 209

1)

A extinción masiva que afectou a máis cantidade de especies foi a do final do Pérmico. Produciuse hai uns 250 millóns de anos e desapareceron preto do 90% das especies existentes.

2)

A particularidade da extinción actual, a sexta extinción masiva, é que é consecuencia do cambio climático e a destrución da biosfera provocados, os dous, pola actividade humana.

TEMA: 10 PÁX: 207

1)

A principio do Cenozoico (65 millóns de anos), como consecuencia do impacto do meteorito, a temperatura descendera considerablemente, pero no Eoceno elevouse (53-58 millóns de anos). Durante o Cuaternario, e segundo estudos actuais, sábese que se foron producindo oscilacións de climas cálidos e fríos, a última delas hai pouco máis de 10000 anos.

2)

Durante o Cenozoico, os continentes continuaron desprazándose ata a súa posición actual. Hai 20 millóns de anos, comezou a abrirse o mar Vermello e a romperse o continente africano polo val do Rift.

3)

Ata o Terciario non se diversifican os mamíferos porque durante o Mesozoico predominaban os réptiles restrinxindo os seus posibles habitats.

4)

O primeiro representante do xénero Homo, o Homo habilis, apareceu hai un 2,5 millóns de anos.
Actualamente hai máis de 16 especies do xénero Homo, aínda que algunhas delas non están plenamente aceptadas pola comunidade científica. Por exemplo; H.habilis, H.ergaster...

TEMA: 10 PÁX: 205

1)

O Mesozoico comezou hai uns 250 millóns de anos e finalizou hai 66 millóns de anos, así que durou uns 184 millóns de anos.

O Paleozoico durou uns 100 millóns de anos máis que o Mesozoico. Xa que 291-184= 107 Ma.

2)

Mesozoico:                                                                   
 









Paleozoico:
                                   







3)

Os fósiles característicos desta era eran os dos grandes réptiles. Entre os invertebrados destacaron os moluscos ammonites e belemnites.


4)

No mesozoico proliferaron os grandes bosques de coniferas similares aos actuais piñeiros, cipreses e secuoias.



No Cretáceo apareceron as anxiospermas (plantas con sementes protexidas), semellantes a carballos, nogueiras e álamos.


                                                 

TEMA: 10 PÁX: 203

1)

O Paleozoico comezou hai 541 millóns de anos e terminou aproximadamente hai 250 millóns de anos; así que durou uns 291 millóns de anos.

2)

No Paleozoico non existían os continentes actuais. Existían:

No Paleozoico:
- O Gondwana; que comprendía os actuais Sudamérica, África, Arabia, India, a Antártida e Australia. As outras masas continentais, máis pequenas eran Laurentia, Siberia e Báltica.


No Devónico:
- Euroamérica ao Norte e ao unirse con Laurentia formou o que e hoxe Norteamérica.
- Báltica: o que é hoxe en día Escandinavia.



3)

A era Paleozoica ou era Primaria, xeoloxicamente, iniciase pouco despois da desintegración do supercontinente Rodinia e acaba coa formación do supercontinente Panxea, e polo tanto, coa existencia dun único océano, denominado Panthalassa.

4)

Os fósiles característicos do Paleozoico son animais invertebradoscon cunchas como os foraminíferos, os braquiópodos, os moluscos e os trilobites.


TEMA: 10 PÁX: 201

1)

O precámbrico durou uns 4030 millóns de anos.
Comprende os eóns Arcaico e Proterozoico.

2)

Os fósiles e organismos que viviron no Precámbrico son moi escasos porque case todos os organismos eran de corpo mol e porque as rochas deste periodo foron metamorfizadas, destruíndose os posibles restos de organismos.

3)

A diferenza principal entre a atmosfera do Precámbrico e a actual é que a primeira era reductora e a segunda é oxidante desde hai 1800 Ma.

Ese cambio químico causouno o aumento da concentración de osíxeno.

As consecuencias foron que causou a extinción de moitas especies pero tamén a aparición doutras que necesitaban o osíxeno para vivir.

4)

As algas mariñas, as bacterias, protozoos, cnidarios e anélidos.

5)

A causa do enorme descenso da temperatura foi que o osíxceno producido na fotosíntese bacteriana destruíu o metano responsable do efecto invernadoiro. Sen este gas, o planeta entrou nun período glacial e o xeo chegou ata os oceanos ecuatoriais.

6) 

A aparición do osíxeno atmosférico propiciou a formación de ozono, que se acumulou e formou a capa de ozono, unha capa protectora que permitiu a vida fóra da auga.
















JOHN RAMBO BIOLOGÍA