lunes, 17 de junio de 2019

TEMA: 11 PÁX: 233

1)

En Chile prodúcense numerosos terremotos e tsunamis debido á súa localización, pois encóntrase nunha zona onde actualmente hai movementos oroxénicos.

Estes movementos débense ao empurre da placa Sudamericana cara ao oeste e á subdución da placa de Nazca.

O choque destas dúas placas tivo como consecuencia a formación das fosas de Perú e Chile, e a elevación da cordilleira andina.

2)

As zonas onde se producen terremotos coinciden coas zonas volcánicas porque son os puntos da Terra onde se encontran os límites entra placas litosféricas.

TEMA: 11 PÁX: 231

1)

Tanto a placa Norteamericana como a do Pacífico desprázanse en dirección noroeste.

2)

A pesar de que a dirección do desprazamento das placas implicadas na falla de San Andrés é practicamente a mesma, prodúcense movementos sísmicos como consecuencia das diferentes velocidades en que se desprazan estas placas.

Este feito, fai parecer que a placa Norteamericana se mova cara ao sueste.

3)

California é un lugar idóneo para estudar os terremotos porque é onde se encontra a falla de San Andrés e, polo tanto, onde son especialmente frecuentes estes fenómenos.

Os terremotos en California rexístranse a unha profundidade máxima de 25 km.


4)

Se comparamos os terremotos das zonas de subdución cos orixinados nas fallas de transformación poderemos apreciar que os hipocentros se localizan en profundidades moi diferentes. Mentres que nos primeiros poden chegar a alcanzar os 700 km de profundidade, os segundos alcanzan unha profundidade máxima de 25 km.

5)

Por exemplo:

- Falla de transformación  entre a placa India e a placa Euroasiática: a india desprázase cara ao noroeste e a Euroasiática cara ao suroeste.
- Falla de transformación no Atlántico que separa a placa Norteamericana da Sudamericana: a placa Norteamericana desprázase cara ao oeste e a Sudamericana cara ao leste.
- Falla entre a placa do Caribe e a de Sudamerica: a placa do Caribe desprázase cara ao leste e a Sudamericana cara ao oeste.

6)

No mapa podemos localizar a falla de San Andrés que conecta unha zona de dorsal cunha zona de subdución.









TEMA: 11 PÁX: 229

1)

A presenza de fósiles mariños nas montañas situadas no centro dos continentes explícase polo proceso de formación destas cordilleiras.

No caso da formación do Himalaia, por exemplo, o desprazamento da placa India fixo que a litosfera oceánica fose diminuíndo de tamaño, acumulando os sedimentos mariños na zona de subdución.

Finalmente, cando se condumiu totalmente a litosfera oceánica e a litosfera continental colisionou coa placa Euroasiática, os sedimentos da conca mariña pregáronse, remontaron a placa continental e formaron a cordilleira, por este motivo, podemos encontrar fósiles mariños na cordilleira.

2)

Os oróxenos térmicos e os de colisión son diferentes porque as placas litosfericas implicadas na súa formación non son as mesmas.

Mentres que os osíxenos térmicos se producen pola subducción dunha placa oceánica baixo unha continental formando cordilleiras montañosas paralelas ás fosas oceánicas; os oróxenos de colisión prodúcense pola colisión entre dúas placas continentais, ambas coa mesma densidade, formando cordilleiras situadas no interior dos continentes.

Os oróxenos térmicos caracterízanse pola súa actividade volcánica e os de colisión por unha intensa actividade sísmica.

3)

As cordilleiras alpinas teñen máis relevo que as caledónicas porque comezaron a elevarse hai 65 millóns de anos e continúan, actualmente, ascendendo.


En cambio, as cordilleiras caledónicas formáronse hai 330 millóns de anos e foron erosionadas ata se converter en cadeas de outeiros suaves e redondeados.





4)

Na formación das cordilleiras Béticas interviñeron a placa Africana e a placa Euroasiática.

As placas desprazáronse de tal xeito que a placa Africana fixo que se producira o pregamento dos sedimentos depositados no mar de Tetis.



























TEMA: 11 PÁX: 227

1)

Os movementos converxentes son os que se producen entre placas tectónicas que colisionaron entre si. Como consecuencia destes movementos destrúese a placa litosférica e, por este motivo, tamén son denominados límites destructivos.

Cando a converxencia se produce entre dúas placas oceánicas fórmanse arcos illas, constituídos por unha cadea de illas volcánicas dispostas en forma de arco de circunferencia que se orixinan apartir do magma procedente da fusión parcial da placa que se afunde e de parte da placa pasiva. Nestas zonas, tamén son frecuentes os terremotos.

Cando a converxencia se produce entre unha placa oceánica e outra continental fórmanse marxes continentais activas, caracterizadas por unha fosa oceñanica paralela á costa e actividade volcánica e sísmica.

Cando a converxencia se produce entre dúas placas continentais prodúcese unha colisión continental que forma cordilleiras montañosas. Estas zonas caracterízanse pola súa actividade sísmica, pero en cambio, non presentan actividade volcánica.

2)

Nas zonas de subdución hai terremotos debido ás friccións e tensións que sofre a plada descendente, pois fractúrase e defórmase ao penetrar no manto.

En xeoloxía a zona Benioff é unha zona sísmica de borde de placa que se estende xunto a  un dos lados dunha fosa oceánica.

O planto de fricción entre as dúas placas que converxen chámase plano de Benioff, e é nel onde se concentran os focos ou hipocentros dos terremotos.

3)

Nun arco illa, as illas volcánicas encóntranse na parte cóncava, mentres que a fosa oceánica se encontra na parte convexa.

4)

A situación das fosas oceánicas, paralela á costa ou en medio do océano, depende das placas implicadas nos límites converxentes:

- Se temos unha converxencia entre dúas placas oceánicas, a fosa oceánica encontrase no medio do océano.
- Se temos unha converxencia entre unha placa oceánica e outra continental, a fosa oceánica será paralela a costa.
















TEMA:11 PÁX: 225

1)

As dorsais oceánicas alcanzan unha altura duns 1500 a 2000 metros, comparable aos Atlas en África, e polo tanto, non chegan a ser tan altas como as grandes cordilleiras dos Andes en América do Sur ou o Himalaia an Asia.


2)

Non podemos afirmar que todas as dorsais oceánicas son submariñas, posto que algunhas teñen crestas que sobresaen por encima do mar e forman illas volcánicas no centro do océano, como por exemplo, as illas de Ascensión, Santa Helena ou Islandia.

3)

O suco situado na parte central da dorsal oceánica denomínase rift-valley.

4)

Para que se forme un domo térmico nun punto concreto dun continente debe aparecer un punto quente, é dicir, a presenza dunha pluma do manto que, neste caso, produce a elevación da litosfera.

O domo que abriu o mar Vermello, o golfo de Adén e o Rift-Valley africano formouse na depresión de Afar, en Etiopía.

5)

O mar Vermello é estreito e alongado porue é un mar xurdido da inundación por auga do océano dunha zona de afundimento dun rift coa correspondente separación das placas. Neste caso, o mar Vermello, separa África da península Arábiga.



6)

En primeiro lugar, debemos saber que a distancia entre as costas africanas e o golfo de Biafra e o cabo de San Roque en Brasil, é dusn 6300 quilómetros,

Entón podemos deducir que o océano Atlántico se ampliou 35 mm cada ano:

6300 km / 180*106 anos = 0,000035 km/ano = 35 mm/ano.









TEMA: 11 PÁX: 223

1)

Os puntos quentes son zonas de grande actividade volcánica, situadas no interior das placas. Maniféstanse como volcáns illados, volcáns alineados ou volcáns fisurais, tanto na litosfera continental como na oceánica.

Nestes lugares da Terra ascende o magma moi quente, en forma de penachos ou plumas, desde as zonas profundas do manto. A lava que emiten estes volcáns é moi fluída e quente.

2)

O magma fórmase no manto profundo debido á calor emitida polo núcleo. As elevadas temperaturas nesta zona fan que o material rochoso do manto se funda.

3)

O movemento de convección no manto terrestre prodúcese cando o material rochoso do manto, ao quentarse no seu límite inferior pola calor emitida polo núcleo externo, perde densidade e ascende cara á superficie. Polo contrario, o material que está en superficie, ao ser máis frío e denso, descende polo seu propio peso.

Como consecuencia deste movemento de convección e da transferencia de calor no interior da Terra, prodúcense os fenómenos xeolóxicos e xeodinámicos da superficie terrestre, como por exemplo, o movemento das placas litosféricas, o vulcanismo, os terremotos, a formación de cadeas montañosas, etc.

4)

O movemento das placas débese principalmente a dúas causas: a gravidade e o movemento convectivo do manto.

5)

As placas introducidas no manto fan que se separen as placas nas dorsais e o magma encha os ocos producidos. Este proceso, que se dá en todas as zonas de subdución do planeta, produce o movemento dos continentes.

6)

Se deixara de ascender o material quente do manto, deixarían de producirse os fenómenos xeolóxicos e xeodinámicos que suceden na superficie terrestre.

A ascensión de material quente do manto xera puntos quentes do planeta, coa formación de zonas de gran actividade volcánica. Ademais, tamén é a responsable da formación das dorsais oceánicas, directamente relacionadas co movemento das placas litosféricas e polo tanto, do movemento dos continentes, a formación de cadeas montañosas ...

TEMA: 11 PÁX: 221

1)

Nos límites de placas diverxentes créase a litosfera, nos límites converxentes destrúese e nos límites neutros nin se crea nin se destrúe.

Os límites diverxentes son zonas onde se separan dúas placas e o magma ascende do manto polos rifts.

Os límites converxentes son zonas onde dúas placas se aproximan. Unha placa oceánica introdúcese ou subduce por debaixo da outra que pode ser continental ou oceánica.

Os límites neutros son zonas onde as placas se deslizan lateralmente.

2)

Nos límites converxentes de placas, as dúas placas aproxímanse. Unha placa oceánica introdúcese ou subduce por debaixo da outra, continental ou oceánica, destruíndo a litosfera oceánica. Dependendo do tipo de placas implicadas pódense dar tres situacións diferentes:

- Arco illa: unha placa oceánica subduce baixo a outra placa tamén oceánica. Fórmanse illas volcánicas dispostas en forma de arco e limitadas por unha fosa oceánica.
- Marxe continental: unha placa oceánica subduce baixo unha continental, orixinando cadeas montañosas paralelas a fosa oceánica.
- Cadea montañosa: dúas placas continentais topan, ningunha subduce e fórmanse cordilleiras montañosas.

3)

As zonas máis activas da Terra encóntranse nos límites de placas, onde se concentra a actividade sísmica e volcánica.
No caso concreto de Europa hai máis volcáns e terremotos no Sur debido á súa proximidade ao límite entre as placas euroasiática e africana.

4)

A falla de San Andrés é unha falla de transformación que se encontra ao oeste dos Estados Unidos e cosntitúe o límite entre a placa Pacífica e unha parte da placa Norteamericana.



















JOHN RAMBO BIOLOGÍA