sábado, 23 de marzo de 2019

TEMA: 6 PÁX: 113

1) De que tipo poden ser as relacións intraespecíficas? Pon un exemplo de cada unha.

As relacións intraespecíficas poden ser de 4 tipos:
- Familiares: cuxa finalidade é a alimentación, a cria e a protección dos máis débiles. Este tipo de relación pódese observar nos elefantes.
- Gregarias: Son as asociacións de organismos que se desprazan xuntos. Como as aves ou bancos de peixes.
- Coloniais: son as asociacións integradas por organismos que viven intimamente unidos. Como os corais ou as esponxas.

- Sociais: tipo de asociación en que se establece unha xerarquía e unha distribución de actividades. Como as abellas ou as avespas.

2) Por que factores compiten os organismos nas relacións de competencia?

Nas relaccións de competencia os organismos compiten por un mesmo recurso como a luz, o espazo, a comida ou a parella para reproducirse. Basicamente pola súa supervivencia.

3) Que relación teñen un parásito e un hóspede? Quen resulta prexudicado?

A relación que se establece entre un parásito e un hóspede é unha relación simbiótica de parasitismo.
Neste caso o hospedador sae prexudicado mentre que é o parásito quen obtén beneficios do hóspede.

4) Compara as relacións intraespecíficas coas interespecíficas.

As relacións intraespecíficas danse entre organismos da mesma especie, mentres que as relacións interespecíficas se establecen entre organismos de distinta especie.

A principal diferencia entre estes dous tipos de relacións é que nas relacións intraespecíficas a finalidade última é a proteción de crías, a procura de alimento e a defensa do grupo, e en ningún caso os membros saen prexudicados.
Por outro lado, nos tipos de relacións interespecíficas, en moitos dos casos, un dos individuos sae prexudicado.

5) De que tipo son as relacións tróficas?

As relacións tróficas son un tipo de relación interespecífica.

6) Como se denomina a relación entre dúas especies distintas na que ambas as dúas obteñen beneficio? Pon un exemplo.

Este tipo de relación denomínase muatualismo, e é un tipo de asociación simbiótica.
Un exemplo deste tipo de relación son os liques, na cal a alga fabrica materia orgánica
e o fungo permite a fixación ao substrato, de tal xeito que ambos saen beneficiados.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA