sábado, 23 de marzo de 2019

TEMA: 6 PÁX: 115

1) O termo deserto é sinónimo de temperaturas altas?

Normalmente tendese a asociar o termo deserto con zonas secas, áridas e con elevadas temperaturas.
Por eso esta denominación debe asociarse a aqueles lugares de escasas precipitacións.

2) Existen zonas desérticas no noso país? Sinala algunha das principais.

No territorio español non abundan moito este tipo de lugares e menos en enormes extensións. Pero hai algún como o deserto de Tabernas situado en Almería ou o Parque Natural das Bárdenas Reais en Navarra.

3) Relaciona a seguinte vexetación cun bioma determinado: orquídeas, liques, queiroas e sobreiras.

As relacións entre a vexetación e o seu bioma son as seguintes:
- Bosque tropical: orquídeas.
- Tundra: liques.
- A taiga: uces.
- Bosque mediterráneo: sobreira.

4) Que adaptacións posúe a vexetación caducifolia?

A vexetación dun bosque temperado caducifolio adáptase ao bioma de varias formas, dependendo do tipo de especie.

As árbores producen follas grandes que absorben a maior cantidade de luz durante a estación de crecemento.

A codia das árbores caducifolias é máis grosa e resistente que a das árbores tropicais para poder protexer o núcleo da árbore durante os longos e severos invernos.

As plantas máis pequenas crecen a comezos de primavera e producen follas longas rapidamente. Isto permítelles absorber moita luz antes de que as follas das árbores a intercepte.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA