sábado, 23 de marzo de 2019

TEMA: 6 PÁX: 117

1) Que é a vexiga natatoria e como funciona?

A vexiga natatoria é un órgano de flotación que posúen moitos peixes óseos. Trátase dunha bolsa de paredes flexibles chea de gas situada xusto baixo a columna vertebral. Os peixes óseos teñen un peso específico lixeiramente por encima da auga. A vexiga natatoria controla a flotabilidade neutral do peixe na auga, sen a necesidade dun esforzo muscular. Ao encherse ou baleirarse permítelles ascender ou descender dentro da auga.

2) Que son as adaptacións etolóxicas?

Son un tipo de adaptacións relacionadas co comportamento dos individuos dunha especie. A finalidade destas adaptacións é buscar alimento, defenderse dos depredadores ou asegurar un ambiente favorable. Un exemplo son as migracións das aves.

3) Que adaptacións permiten aos peixes desprazarse e respirar na auga?

Os peixes posúen branquias, estas sevenlles para poder captar o osíxeno difusión directamente da auga. Outras adaptacións que lles permiten aos organismos acuáticos desprazarse pola auga son as aletas, as membranas interdixitais e outros que teñen o corpo en forma de fuso ou fusiforme.

4) As plantas de ambientes secos, terán máis ou menos estomas que as de zonas húmidas? Razoa a resposta.

Os estomas son os encargados do intercambio de gases e da transpiración vexetal. Por este motivo, en ambientes secos, onde escasea a auga as plantas terán un menor número de estomas, debido a que senon perderían moita auga.

5) Que tipo de sinais emiten os golfiños para comunicarse entre eles?

Os golfiños emiten distintos sons com chiido, gruñidos ou golpeciños que seguen unha pauta e que os axudan a comunicarse entre eles. Estes tenden a permanecer dentro das súas propias manadas, nas que os individuos usan asubíos específicos e únicos só en presenza doutros membros da manada, como se os chamaran polo seu nome.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA