1) Que son os sacos aéreos? Compáraos cos órganos similares nos peixes.
Os sacos aéreos son unha expansión dos pulmóns que posúen as aves. Estes órganos énchense e baleiranse de aire con cada inspiración e espiración. A principal función de estes sacos é aumentar a lixeireza da ave, axudar na respiración e evitar un aumento excesivo da temperatura causada polo voo. Os sacos aéreos desempeñan unha función similar a vexiga natatoria dos peixces.
2) Porque os parásitos intestinais carecen de aparato dixestivo? Que órganos externos desenvolven?
Os parásitos intestinais obteñen o alimento xa dixerido dos seus hóspedes. Estes parásitos desenvolveron outras estratexias para incrementar a súa adherencia ás paredes intestinais dos seus hóspedes como as gadoupas, ventosas ou espiñas.
3) Que diferenza hai entre hibernación e letargo? Pon exemplos de animais que pasen por estes procesos.
Tanto a hibernación como o letargo son estratexias que adquiriron certos animais para adaptarse a condicións climáticas extremadamente frías, o cal lles permite conservar a súa enerxía durante o inverno. A principal diferenza entre ambos é que durante o letargo os animais non chegan a perder completamente os sentidos. Un exemplo de animais que hibernan son: teixos, esquíos ou morcegos. Os osos polo contrario entran en estado de latencia ao igual que os leiróns.
4) Que estratexias e órganos son imprescindibles para que os organismos se poidan adaptar ao medio terrestre?
As plantas desenvolveron estratexias para adaptarse ao medio terrestre como sistemas de fixación ao substrato, estomas, sistemas eficaces de transporte de nutrientes e talos que lles permiten as follas captar a maior cantidade de luz posible.
As plantas adaptadas a climas fríos adoitan presentar tamaños pequenos e follas caducifolias e pouco lobuladas para minimizar a perda de temperatura. Outras desenvolveron estructuras subterráneas como os bulbos, tubérculos e raíces con substancias de reserva. Os piñeiros e abetos, por exemplo, presentan follas resistentes, protexidas por capas de cera que non caen durante o inverno.
Por outro lado, as plantas adaptadas a climas moi calurosos desenvolveron estratexias para evitar a perda de auga. Deste xeito presentan follas carnosas e talos engrosados. Tamén diminuíron o número de estomas das súas follas e estas só se abren durante a noite.
As principais adaptacións ao medio terrestre dos animais son; cubertas de protección, sistemas respiratorios máis sofisticados, esqueletos para desprazarse e manterse erguidos ou estruturas para a captura de alimentos e a reprodución.
domingo, 24 de marzo de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
JOHN RAMBO BIOLOGÍA
-
1) Cales son as enerxías non renovables? - O carbón. - O petróleo. - A enerxía de fisión nuclear. 2) Cales son as diferenzas máis im...
-
1) Indica as diferenzas que existen entre un sistema e un ecosistema. Un sistema defínese como un conxunto de elementos interrelacionados...
-
3) Cal é a diferencia fundamental entre recursos renovables e recursos non renovables? Recursos non renovables é sinónimo de que non se ren...
No hay comentarios:
Publicar un comentario