sábado, 27 de abril de 2019

TEMA: 7 PÁX: 139

1) Emite unha valoración sobre o abandono das mascotas, que sucede con máis frecuencia nas vacacións. Que consecuencias ten este feito na estabilidade dos ecosistemas ?

A tutela dun animal de compañía é unha responsabilidade a longo prazo, debido ao seu periodo de vida. Ao trauma físico e psicolóxico que sofre cada un destes animais hai que engadirlle o custo económico  e o problema que afecta de diversas formas a sociedade e o ecosistema onde é abandonado. Debido que estes animais poden alimentarse doutros para sobre vivir poñendo así en riesgo a vida dos animais do ecosistema.


2) Busca información e fai un pequeno resumo do lobo como especie clave dos ecosistemas españois.

No medio natural a presenza ou ausencia das denominadas especies clave, como o lobo, pode xerar cambios notables na diversidade, e incluso, no bo  funcionamento dos ecosistemas. Parece que somos capaces de manter as poboacións saudables de lobos, poderemos mellorar en termos ecolóxicos, o conxunto de elementos naturais que con eles coexisten.
Numerosos traballos científicos manifestaron o papel e a relevancia sen par dos lobos na natureza. Por exemplo, a súa depredación de presas con peor condición físisca, realiza un efecto sanitario en poboacións de herbívoros, mantendo poboacións sas e vigorosas.



3) Busca información sobre as zonas de España que máis están a sufrir a invasión do caracol mazá e do siluro, explica o porqué desta localización. 

O caracol mazá é un molusco gasterópodo que se estendeu convertíndose nunha praga nos arrozais do Ebro. Está clasificada como unha das especies invasoras máis daniñas do mundo polos graves efectos que esta provoca sobre os ecosistemas por onde se propaga. A causa do problema foi a fuga de varios individuos dunha piscifatoría de l´Aldea, onde eran criados para o seu uso en acuarios de peixes exóticos.
O siluro foi introducido no encoro de Mequinenza con fins deportivos en 1974. Desde entonces estendeuse ao longo da conca do Ebro e tamén do río Segre. Tamén hai noticias de exemplares no encoro de Forata, na conca do Texo e na do Guadalquivir.



4) Que zonas dos nosos ecosistemas son as máis afectadas polo mexillón cebra? Como inflúe a súa presenza ás cadeas tróficas dos ríos? 

Os ríos son as zonas máis afectadas polo mexillón cebra. A súa elevadísima capacidade de reprodución convérteo nun axente de cambio ecolóxico radical xa que diminúe a concentración de fitoplancto na auga e altera completamente a cadea trófica dos ríos.


TEMA: 7 PÁX: 137

1) Cal é a vexetación característica da comunidade climax dun bosque mediterráneo?

O bosque climax máis típico é o aciñeiral. Componse de:
Árobores dunha altura de 12 a 15 m e cunha capa subxacente de arbustos de érbedo, cabrifollo, silvanar, etc.
A vexetación é moi densa a cal impide o paso da luz hacia o solo, o que fai que haxa poucas plantas herbáceas.
A forma aciñeiral máis frecuente na actualidade é a de bosquetes ralos, dispersos, con matogueira ben desenvolta de xestas, cimbros, estevas e lentiscos.


2) Relaciona a evolución dun solo inmaturo cunha sucesión primaria. 

Os solos inmaturos son os que se encontran nas primeiras etapas do seu desenvolvemento por non ter actuado a meteorización durante o tempo sufuciente. Polo tanto, son os solos que serán afectados pola sucesión primaria.


3) Cal é a diferencia entre unha sucesión primaria e unha secundaria? 

As sucesións primarias e secundarias comezan desde diferentes bases ecolóxicas. A sucesión primaria sempre comeza a partir dunha nova formación de terra de material inorgánico, como rocha ou rocha volcánica. A sucesión secundaria comeza a partir dunha perturbación pero non destrucción dunha fonte orgánica ou solo, como raíces, sementes, liques e musgos.


TEMA: 7 PÁX: 135

1) De que tipos poden ser as relacións intraespecíficas? Pon un exemplo de cada un. 

Os tipos de relacións intraespecíficas poden ser de:

Depredación: unha ra devora unha larva da súa propia especie.

Competencia: un can marca o seu territorio con urina.

Estrés: cando aumenta moito a densidade da poboación os individuos poden padecer estrés.


2) Por que factores compiten os organismos nas relacións de competencia? 

Nas relacións de competencia os organismos compiten pola súa comida, a auga ou o espazo.




TEMA: 7 PÁX: 133

1) Como sería o crecemento dunha poboación se non existisen factores que o limitasen? Que consecuencias tería isto para o ecosistema? 

Se non existiran factores que limitasen o crecemento dunha poboación, esta crecería de forma exponencial.
As consecuencias para o resto do ecosistema serían moi negativas xa que se produciría un desequilibrio que xeraría diferentes tipos de perturbacións.

2) O uso de hormonas para esterilizar os machos dalgunhas especies de mosquitos transmisores de enfermidades como a malaria, que tipo de consecuencias terá para a estabilidade de ecosistema? Como se denomina esta forma de combater as pragas? 

A esterilización do mosquito macho provocará unha diminución da poboación desta especie de mosquito.

A nivel do ecosistema natural, é probable que isto poida xerar unha perturbación e que o ecosistema se desequilibre. Xa que haberá depredadores deste mosquito que quedarán sen a súa presa.

Este tipo de loita denomínase biolóxica porque se utilizan métodos non químicos para acabar cos organismos que prexudican outros, neste caso, a especie humana.





TEMA: 7 PÁX: 131


1) Se queres representar a todos os orgsnismos que hai nun parque e as relacións entre eles, que tipo de esquema usarías? 

Para representar todos os organismos dun parque e as relaccóns entre eles, utilizaríase unha rede trófica.


2) Calcula a cantidade de biomasa dispoñible para os voitores que se alimentan dos restos das vacas dunha explotación con alfalfa, de 2 ha, que produce 13,5 t/ha/ano. 

Si en cada nivel se perde un 10% da enerxía,  a cantidade de biomasa (en Kg), en cada caso será:
Alfalfa (produtor): 13,5 t = 13.500 kg: 2 = 6.750 kg.
Vacas (consumidor primario): 675 kg.
Voitres (consumidor secundario): 67,5 kg.


jueves, 25 de abril de 2019

TEMA: 7 PÁX: 129

1) Dos ciclos de materia anteriores, cales son terrestres e cales non?

Os tres están relacionados co medio terrestre.

2) Cal é a principal diferenza do ciclo do nitróxeno respecto doutros ciclos?

A principal diferenza entre o ciclo do nitróxeno e os outros ciclos é que para que o nitróxeno atmosférico e o contido nos excrementos animais e nos restos vexetais se incorpore á materia orgánica e volva a atmosfera, pechando o ciclo, é necesario a intervención de bacterias.

3) Que procesos regulan as bacterias nitrificantes e cales as desnitrificantes?

No ciclo do nitróxeno as bacterias nitrificantes son capaces de transformar o amoníaco procedenter do proceso anterior e dos restos orgánicos en nítridos, e estes, en nitratos, unha forma do nitróxeno xa utilizable polas plantas. E as bacterias desnitrificantes: converten os nitratos non utilizados en nitróxeno atmosférico.

4) Que é o guano e cal é a súa importancia bioloxica? Busca en Internet en que partes de España é máis abundante?

O guano é un fertilizante altamente efectivo debido ao seu alto contido nos tres componentes para o crecemento das plantas.

El guano en España no se produce, pero si se produce en otros lugares que es importado por España .




TEMA: 7 PAX: 127

1) Que son os organismos consumidores e cantos tipos existen?

Os organismos consumidores son os animais, fungos e protozoos, necesitan tomar a materia orgánica xa elaborada polos productores porque non posúen capacidade para elaborala de seu.

TIPOS:
- Consumidores primarios: son aqueles que se alimentan de productores.
- Consumidores secundarios: Son os que se alimentan de animais primarios. Son os animais carnívoros e os preeiros.
- Consumidores terciarios: Son animais carnívoros que se alimentan doutros carnívoros.

2) Ordena os seguintes organismos na mesma secuencia que terían nunha cadea trófica: sardiñas, plancto, gaviotas, atúns.

1º Placto
2º Sardiñas
3º Atún
4º Gaviotas

3) Por que é necesario que a materia dos ecosistemas se recicle e a enerxía non?

A materia existente nos ecosistemas é limitada, por este motivo debe reciclarse continuamente, describindo un ciclo. A maior parte da enerxía pérdese nos ecosistemas a través da materia non asimilada e en forma de calor, que se disipa na atmosfera.

4) Sería posible a vida na Terra sen a existencia dos descomponedores? Argumenta a túa resposta. 

Non sería posible, xa que os descompoñedores se encargan de transformar as substancias orgánicas en substancias inorgánicas ou minerais que logo quedan formando o solo. Se non existiran a materia non se descomporía, os seres vivos que morreron non desaparecerían, e esta non se podería reciclar.


























JOHN RAMBO BIOLOGÍA