sábado, 25 de mayo de 2019

TEMA: 8 PÁX: 157

1) Cales son os cereais máis consumidos na alimentación humana en todo o mundo? 

Os cereais máis consumidos no mundo son tres: o arroz, o millo e o trigo. O arroz é un cereal moi usado sobre todo no continente asiático e en países de América do Sur. No noso país temos boas produccións de arroz, en Valencia e en Cataluña.

O millo é o cereal con máis producción do mundo, xa que o utilizamos para o consumo humano e tamén para a producción de biocombustibles.

O trigo, é o gran máis consumido na sociedade occidental, sobre todo para a obtención de fariñas.

Outros cultivos que tamén  utilizamos para o consumo humano son cebada, avea, centeo ou millo miúdo.


2) Investiga cales son os animais, ademais do porco, que máis se utilizan para a obtención de carne para a alimentación humana.

As produccións maiores no mundo son de carne de vaca, porco e polo, aínda que hai outros animais que se utilizan para a producción de carne para o consumo humano como o coello, o pavo,   o ganso, a perdiz, a pomba, a codorniz ou o cabalo entre outros. Por outra parte, a pesca e os peixes procedentes das piscifatorías supoñen un 20% da orixe protéica da alimentación.

3) Cal é un dos principais problemas da explotación dos recursos pesqueiros? Pódese solucionar? 

A sobrepesca é un dos problemas que supón o gran consumo de peixe da sociedade actual. A sobrepesca prodúcese cando o exceso de pesca reduce os stocks de peixes por debaixo dos índices de recuperación da poboación, así a poboación xa non é sostible, a parte de traer problemas colaterais no equilibrio do ecosistema.

Poderíase solucionar evitando a pesca intensiva, promovendo a selección de especies que están en mellores condicións e disminuindo o descarte de especies pescadas entre outras medidas.
Algunhas medidas poden ser:
- Consumir peixe fresco e aproveitalo ao máximo.
- Elixir animais capturados con métodos selectivos.
- Non consumir animais en perigo ou en recuperación.



4) Investiga e describe outros organismos que non sexan habituais na nosa dieta e que sexan utilizados como alimento noutras culturas. 

En Asia, aparte dalgúns insectos e crustáceos non mariños, poden comer can, gato e serpe. Poden fermentar productos vexetais para o consumo como a soia, o repolo ou tamén mariscos fermentados. En Asia está estendido o uso de multitude de especias que dan sabores, exóticos para nós, aos seus pratos. O xenxibre, o curri vermello, cilantro...















No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA