domingo, 26 de mayo de 2019

TEMA: 8 PÁX: 159

1) Cales son as diferenzas entre os tres tipos de desenvolvemento económico? 

Na explotación incontrolada, prevalece o desenvolvemento económimco sobre a conservación do medio.

Co conservacionismo a ultranza priorízase a conservación do medio natural sobre o desenvolvemento económico.
O desenvolvemento sostible busca o equilibrio entre a conservación do medio natural e o desenvolvemento económico.

2) Define desenvolvemento sustentable. 

O desenvolvemento sosstible defínese como o modelo que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer as necesidades das xeracións futuras.

3) Indica 5 accións que ti poidas contribuír a cumprir cos requisitos do desenvolvemento sustentable. 

Consumir productos locais ou de Km 0, autoproducción de productos como o pan, iogures, sementar verduras e froitas, reducir o consumo, reutilizar ao máximo as nosas pertenzas e reciclar.

4) En que reunión importante se enunciou o termo desenvolvemento sustentable? 

O termo desenvolvemento sostible enunciouse por primeira vez na Comisión Mundial para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento da ONU no ano 1987 e publicouse no chamado "Informe Brundtland". Pode que deba revisarse debido aos grandes cambios que sufriu a Terra nestes anos.

5) Qué é unha pegada ecolóxica? En que unidades se expresa? 

A pegada ecolóxica é a estimación da presión que exercemos sobre o medioambiente. Calcúlase en superficie utilizada por cada un de nós en hectáreas. Trátase dunha estimación do territorio que necesita cada persoa para producir todos os productos que consome esta persoa e para asimilar os residuos  xerados. Mídese en hectáreas por persoa.

6) Que se ten en conta para calcular a pegada ecolóxica? 

Para calcular a pegada ecolóxica tense en conta o tipo de vivenda, o consumo de enerxía, o tipo de desprazamento, a fabricación dos obxectos que compramos, os alimentos que consumimos, os residuos que producimos etc.

7) Como se determina o déficit ecolóxico dunha rexión? 

Cando a pegada ecolóxica supera a biocapacidade, prodúcese un déficit ecolóxico.

8) Para que a pesca dunha especie de peixe mariño sexa sustentable, que ten que ocorrer?

Para que a pesca dunha especie mariña sexa sostible ten que ocorer que a súa pesca non debe ser superior á capacidade reproductiva e de rexeneración da poboación. Isto xa sucedeu nun gran número de especies, co que a pesca tivo que reducirse en determinadas especies. Para evitar isto, hai lugares de veda, onde se pretenden recuperar as poboacións dalgunhas especies, porhíbense a pesca de arrastre e métodos intensivos de pesca etc.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA