1) Indica a que grupo de residuos pertence cada un destes obxectos: botella de vidro, restos de bañeira, xiringas de hospitais, mondas de plátano e excrementos de cabalo.
Os residuos indicados clasificámolos así:
- Botella de vidro: Residuos do sector terciario domiciliarios.
- Restos de bañeira: Residuos do sector terciario da construcción.
- Xeringas de hospitais: Residuos do sector terciario sanitarios.
- Mondas de plátano: Residuos do sector terciario domiciliarios.
- Excrementos de cabalo: Residuos do sector primario da gandaría.
2) Describe a estratexia dos 3R.
A estratexia dos 3R proposta pola UE, relativa á xestión dos residuos, propón os seguintes aspectos coa seguinte orde de xerarquía:
- R de reducir: A finalidade é eliminar o reducir a xeración de residuos en orixe, fabricando productos limpos ou ecoloxicamente máis saudables. A autoproducción é un método moi eficaz para reducir a xeración de residuos.
- R de reutilizar: consiste na recuperación dos residuos e a súa reutilización e incluso para a fabricación doutros productos.
- R de reciclar: na reciclaxe, os residuos son utilizados para os mesmos procesos nos que se produciron, por exemplo, o papel e cartón e o vidro.
3) Sinala que materiais se poden reciclar: xornais, botellas de plástico, latas de refresco e restos de comida.
Clasificamos os seguintes materiais en reciclables ou non reciclables:
- Periódicos: Reciclables.
- Botella de plástico: Reciclable.
- Latas de refresco: Reciclables.
- Restos de comida: Non reciclables, aínda que a partir deles é posible a xeración de compost dunha forma sinxela cun composteiro. O compost serve para darlle máis nutrientes á terra dedicada ao cultivo.
domingo, 26 de mayo de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
JOHN RAMBO BIOLOGÍA
-
1) Cales son as enerxías non renovables? - O carbón. - O petróleo. - A enerxía de fisión nuclear. 2) Cales son as diferenzas máis im...
-
1) Indica as diferenzas que existen entre un sistema e un ecosistema. Un sistema defínese como un conxunto de elementos interrelacionados...
-
3) Cal é a diferencia fundamental entre recursos renovables e recursos non renovables? Recursos non renovables é sinónimo de que non se ren...
No hay comentarios:
Publicar un comentario