lunes, 10 de junio de 2019

TEMA: 10 PÁX: 195

1) 

Utilízase o millón de anos xa que neste tempo poden suceder cambios significativos na superficie terrestre que permitan ser recoñecidos polos xeólogos. E ademais os anos son períodos de tempo moi curtos por iso se usan os millóns.

2) 

Os eóns son períodos de tempo cos que se mide a historia da Terra dende a súa creación ata a actualidade.

A historia da Terra dividiuse en 4 eóns:

- Eón Hádico: comeza coa formación da Terra e termina hai 3800 millóns de anos, idade das rochas máis antigas.

- Eón Arcaico ou Arqueozoico: hai 3800 - 2500 millóns de anos. Caracterízase pola ausencia de organismos vivos complexos.

- Eón Proterozoico: hai 2500 - 541 millóns de anos.

- Eón Fanerozoico: Comeza hai 541 millóns de anos e chega ata a actualidade. É o mellor coñecido.
Está dividido nas tres eras xeolóxicas coñecidas como Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico.

3) 

A cronoloxía absoluta consiste en determinar a idade precisa dunha rocha, fósil, etc. Mentres que a cronoloxía relativa consiste en determinar a idade con respecto a outra rocha ou fósil.

4) 

Pódense usar os isótopos radioactivos para calcular a idade das rochas porque se coñece con precisión a velocidade á que se desintegran.
O método baséase nas proporcións dun isótopo pai e dun ou máis descendentes dos que se coñece a súa semivida ou período de semidesintegración, contidos na mostra que se vai estudar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA