sábado, 15 de junio de 2019

TEMA: 10 PÁX: 197

1) 

Os estratos máis modernos están sobre os máis antigos porque se non hai deformación estes seguen o principio de superposición, que ocorre pola existencia da gravidade.

Por exemplo:
Se primeiro tiramos sal no solo e logo area é normal que a area estea encima do sal. Polo tanto unha capa de sedimento que se deposite antes será máis antiga que o que se deposite despois.

2) 

O actualismo postula que ao longo da historia da Terra non houbo ningún cataclismo senón que os fenómenos xeolóxicos foron uniformes no tempo.

Polo tanto, este principio podese empregar para reconstruír a historia xeolóxica dunha rexión no sentido, por exemplo, que se é unha rocha sedimentaria antiga encontramos un coral fósil podemos aplicar este principio e pensar que ese organismo vivía en medios sedimentarios semellantes aos actuais. Desta forma podemos reconstruír as características dun medio sedimentario antigo.

3) 

Se nunha rexión continental hai fósiles de animais mariños podemos afirmar que aquela rexión continental no pasado formou parte do fondo oceánico.

4) 

Non hai fósiles en rochas magmáticas e metamórficas porque estas se forman por un proceso de altas temperaturas e presións que destruiría todo resto fósil.

5)

As partes moles do animal son destruídas polos axentes biolóxicos externos e os descompoñedores.

6) 

Para encontrar fósiles debe ter lugar unha erosión para que os estratos que conteñen os fósiles afloren  á superficie do terreo.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA