sábado, 15 de junio de 2019

TEMA: 10 PÁX: 199

1)

Unha columna esrtratigráfica é unha representación utilizada en xeoloxía para describir a situación vertical de unidades de rocha nunha área específica.


A correlación estratigráfica serve para establecer a correspondencia entre partes xeograficamente separadas dunha unidade xeolóxica.


2) 

O estudo das series estratigraficas, así como dos fósiles que conteñen, permite determinar os procesos que os xeraron e a orde na que se produdciron, o que posibilita saber o que ocorreu naquela rexión hai millóns de anos.

3)

Ao estudar unha serie sedimentaria e aplicar os principios fundamentais da estratigrafia pódense identificar os procesos xeolóxicos que tiveron lugar e deducir a súa historia xeolóxica.

A histiria xeolóxica axúdanos a entender como se moven os continentes, se producen os terremotos ou a mitigar os riscos naturais e é fundamental na explotación e xestión de recursos naturais como a auga, o petroleo e outros xacementos minerais tan importantes para a sociedade.

4)

Os mapas xeolóxicos empréganse para o estudo xeolóxico dunha zona e como base nos proxectos de exploración e producción de xacementos minerais, rochas, petróleo, gas e outros recursos naturais.

Os cortes xeolóxicos serven para observar as estructuras xeolóxicas e a relación entre distintas unidades estratigráficas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

JOHN RAMBO BIOLOGÍA