domingo, 26 de mayo de 2019

TEMA: 8 PÁX: 163

1) Indica as vantaxes e inconvenientes da reciclaxe de residuos. 

A reciclaxe dos residuos supón diferentes aspectos que debemos ter en conta.

A reciclaxe dos residuos permite darlles unha segunda utilidade, disminuíndo a explotación de recursos primarios. Reduce o consumo e os refugallos que se deben tratar, aforra os recursos naturais, reduce a dependencia de obtención de enerxía de recursos non renovables como o petróleo, o gas  ou o carbón, aforra diñeiro e crea postos de traballo.

Os inconvenientes que supón a reciclaxe son a falta de saída dos productos da reciclaxe. Existe tamén unha falta de planificación política para a concesión de licenzas e tamén a falta de información dos cidadáns para poder realizar de forma correcta a reciclaxe, xa que moitos dos residuos que ás veces consideramos reciclables, non o son.

2) Que é un vertedoiro incontrolado? Coñeces algún que sexa incontrolado? 

Un vertedoiro controlado consiste nunha gran superficie de terreo ou algún terreo agrícola ou forestal, modificado polo home para poder depositar os residuos urbanos.

En españa, case un 70% dos residuos termina nun vertedoiro.

Realízase un gran oco no terreo, o vaso do vertedoiro, que deberá ser cuberto por unha capa impermeable para que os lixiviados non penetren na capa freática ou no subsolo.

Procédese a verter os residuos, a compactalos e cubrilos cunha capa de terra, cuberta logo por outra de residuos e por outra de terra. Os gases que emiten os residuos como o metano, deben canalizarse por chemineas dentro do vaso do vertedoiro.

Existen gran cantidade de vertedoiros incontrolados en España. Moitas persoas utilizan campos abandonados ou zonas forestais para descartar alí os refugallos de obras, antigos coches, etc.













3) Nalgúns vertedoiros controlados dispoñen de aves rapaces domesticadas, como falcóns, que cada certo tempo soltan para que voen polas inmediacións do vertedoiro. Cal crees que é a súa función? 

Os vertedoiros poden ser fonte de alimento para un gran número de aves, como gaivotas, voitres e roedores como ratas ou ratos.

Para evitar problemas con estes últimos, son deixados en liberdade pequenas aves rapaces como falcóns para controlar as poboacións destes roedores e evitar estas fontes de enfermidades.







TEMA: 8 PÁX: 161

1) Indica a que grupo de residuos pertence cada un destes obxectos: botella de vidro, restos de bañeira, xiringas de hospitais, mondas de plátano e excrementos de cabalo. 

Os residuos indicados clasificámolos así:

- Botella de vidro: Residuos do sector terciario domiciliarios.
- Restos de bañeira: Residuos do sector terciario da construcción.
- Xeringas de hospitais: Residuos do sector terciario sanitarios.
- Mondas de plátano: Residuos do sector terciario domiciliarios.
- Excrementos de cabalo: Residuos do sector primario da gandaría.


2) Describe a estratexia dos 3R.

A estratexia dos 3R proposta pola UE, relativa á xestión dos residuos, propón os seguintes aspectos coa seguinte orde de xerarquía:

- R de reducir: A finalidade é eliminar o reducir a xeración de residuos en orixe, fabricando productos limpos ou ecoloxicamente máis saudables. A autoproducción é un método moi eficaz para reducir a xeración de residuos.

- R de reutilizar: consiste na recuperación dos residuos e a súa reutilización e incluso para a fabricación doutros productos.

- R de reciclar: na reciclaxe, os residuos son utilizados para os mesmos procesos nos que se produciron, por exemplo, o papel e cartón e o vidro.


3) Sinala que materiais se poden reciclar: xornais, botellas de plástico, latas de refresco e restos de comida. 

Clasificamos os seguintes materiais en reciclables ou non reciclables:

- Periódicos: Reciclables.
- Botella de plástico: Reciclable.
- Latas de refresco: Reciclables.
- Restos de comida: Non reciclables, aínda que a partir deles é posible a xeración de compost dunha forma sinxela cun composteiro. O compost serve para darlle máis nutrientes á terra dedicada ao cultivo.














TEMA: 8 PÁX: 159

1) Cales son as diferenzas entre os tres tipos de desenvolvemento económico? 

Na explotación incontrolada, prevalece o desenvolvemento económimco sobre a conservación do medio.

Co conservacionismo a ultranza priorízase a conservación do medio natural sobre o desenvolvemento económico.
O desenvolvemento sostible busca o equilibrio entre a conservación do medio natural e o desenvolvemento económico.

2) Define desenvolvemento sustentable. 

O desenvolvemento sosstible defínese como o modelo que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer as necesidades das xeracións futuras.

3) Indica 5 accións que ti poidas contribuír a cumprir cos requisitos do desenvolvemento sustentable. 

Consumir productos locais ou de Km 0, autoproducción de productos como o pan, iogures, sementar verduras e froitas, reducir o consumo, reutilizar ao máximo as nosas pertenzas e reciclar.

4) En que reunión importante se enunciou o termo desenvolvemento sustentable? 

O termo desenvolvemento sostible enunciouse por primeira vez na Comisión Mundial para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento da ONU no ano 1987 e publicouse no chamado "Informe Brundtland". Pode que deba revisarse debido aos grandes cambios que sufriu a Terra nestes anos.

5) Qué é unha pegada ecolóxica? En que unidades se expresa? 

A pegada ecolóxica é a estimación da presión que exercemos sobre o medioambiente. Calcúlase en superficie utilizada por cada un de nós en hectáreas. Trátase dunha estimación do territorio que necesita cada persoa para producir todos os productos que consome esta persoa e para asimilar os residuos  xerados. Mídese en hectáreas por persoa.

6) Que se ten en conta para calcular a pegada ecolóxica? 

Para calcular a pegada ecolóxica tense en conta o tipo de vivenda, o consumo de enerxía, o tipo de desprazamento, a fabricación dos obxectos que compramos, os alimentos que consumimos, os residuos que producimos etc.

7) Como se determina o déficit ecolóxico dunha rexión? 

Cando a pegada ecolóxica supera a biocapacidade, prodúcese un déficit ecolóxico.

8) Para que a pesca dunha especie de peixe mariño sexa sustentable, que ten que ocorrer?

Para que a pesca dunha especie mariña sexa sostible ten que ocorer que a súa pesca non debe ser superior á capacidade reproductiva e de rexeneración da poboación. Isto xa sucedeu nun gran número de especies, co que a pesca tivo que reducirse en determinadas especies. Para evitar isto, hai lugares de veda, onde se pretenden recuperar as poboacións dalgunhas especies, porhíbense a pesca de arrastre e métodos intensivos de pesca etc.

























sábado, 25 de mayo de 2019

TEMA: 8 PÁX: 157

1) Cales son os cereais máis consumidos na alimentación humana en todo o mundo? 

Os cereais máis consumidos no mundo son tres: o arroz, o millo e o trigo. O arroz é un cereal moi usado sobre todo no continente asiático e en países de América do Sur. No noso país temos boas produccións de arroz, en Valencia e en Cataluña.

O millo é o cereal con máis producción do mundo, xa que o utilizamos para o consumo humano e tamén para a producción de biocombustibles.

O trigo, é o gran máis consumido na sociedade occidental, sobre todo para a obtención de fariñas.

Outros cultivos que tamén  utilizamos para o consumo humano son cebada, avea, centeo ou millo miúdo.


2) Investiga cales son os animais, ademais do porco, que máis se utilizan para a obtención de carne para a alimentación humana.

As produccións maiores no mundo son de carne de vaca, porco e polo, aínda que hai outros animais que se utilizan para a producción de carne para o consumo humano como o coello, o pavo,   o ganso, a perdiz, a pomba, a codorniz ou o cabalo entre outros. Por outra parte, a pesca e os peixes procedentes das piscifatorías supoñen un 20% da orixe protéica da alimentación.

3) Cal é un dos principais problemas da explotación dos recursos pesqueiros? Pódese solucionar? 

A sobrepesca é un dos problemas que supón o gran consumo de peixe da sociedade actual. A sobrepesca prodúcese cando o exceso de pesca reduce os stocks de peixes por debaixo dos índices de recuperación da poboación, así a poboación xa non é sostible, a parte de traer problemas colaterais no equilibrio do ecosistema.

Poderíase solucionar evitando a pesca intensiva, promovendo a selección de especies que están en mellores condicións e disminuindo o descarte de especies pescadas entre outras medidas.
Algunhas medidas poden ser:
- Consumir peixe fresco e aproveitalo ao máximo.
- Elixir animais capturados con métodos selectivos.
- Non consumir animais en perigo ou en recuperación.



4) Investiga e describe outros organismos que non sexan habituais na nosa dieta e que sexan utilizados como alimento noutras culturas. 

En Asia, aparte dalgúns insectos e crustáceos non mariños, poden comer can, gato e serpe. Poden fermentar productos vexetais para o consumo como a soia, o repolo ou tamén mariscos fermentados. En Asia está estendido o uso de multitude de especias que dan sabores, exóticos para nós, aos seus pratos. O xenxibre, o curri vermello, cilantro...















TEMA: 8 PÁX: 155

1) Se quixeses obter elctricidade na túa casa a partir da enerxía do sol, que tipo de enerxía renovable utilizarías?

Obtense da radiación proveniente do sol, mediante a súa transformación a enerxía eléctrica.

Obtense usando paneis fotovoltáicos; busca converter directamente a radiación solar en electricidade.


2) Que condicións se teñen que cumprir para poder utilizar enerxía solar, eólica e xeotérmica?

Para poder utilizar estas enerxías necesítase transformar a enrxía obtida en electricidade.


- A enerxía solar é transformada en electricidade polos paneis fotovoltáicos.



- A forza do vento, que fai mover as pas, crea unha enerxía cinética, que será transformada nos aeroxeradores á enerxía electrica.

- Para poder xerar electricidade coa enerxía xeotérmica. O vapor de auga xerado pola inserción da auga fría no interior da terra é conducido ata unha turbina que se move e que no xerador se transformará en enerxía eléctrica.


jueves, 16 de mayo de 2019

TEMA: 8 PÁX: 153

1) Cales son as enerxías non renovables? 
- O carbón.
- O petróleo.
- A enerxía de fisión nuclear.

2) Cales son as diferenzas máis importantes entre o carbón e o petróleo?

As principais diferenzas entre estos dous recursos enerxéticos son:

O carbón fórmase apartir da acumulación de materia orgánica en zonas pantanosas e sofre un proceso de carbonización pola intervención de bacterias. Ao quiemarse, produce xofre e partículas sólidas moi contaminantes. Mentres que o petróleo é froito da acumulación de materia orgánica mariña e transfórmase polo efecto da presión e temperatura. A través dos pozos de extración, obtemos o petróleo das bolsas onde se conseva, localizadas a grandes profundidades. A súa combustión xera CO2


3) Que vantaxes e inconvenientes ten a enerxía nuclear de fisión?

As vantaxes da fisón nuclear é que se obtén gran cantidade de enerxía sen emisión de gases de efecto invernadoiro.

Os seu grandes inconvenientes son os residuos radiactivos que xera e unha vez xerados deben de ser xestionados adecuadamente, feito que non se conseguiu na actualidade, e a seguridade, xa que se hai un erro nos reactores nucleares pode haber unha explosión nuclear e crear serios problemas no territorio onde se encontran estas centrais.




4) Por que provoca tanto rexeitamento social o frácking? 

O frácking é unha técnica moderna de extracción de gases naturais. As consecuencias desta técnica non son todas coñecidas debido a súa curta vida, pero o uso de substancias tóxicas para a extracción destes gases e a xeración de sismos polas explosións xeradas baixo a terra causan inseguridade ante a poboación e por este motivo é criticado o seu uso pola maioría das comunidades ecoloxistas.

En España quíxose utilizar esta técnica para a extracción de gas no Mediterráneo pero tivo unha grande oposición por parte da poboación.



















TEMA: 8 PÁX: 151

1) Que métodos se utilizan para obter auga potable? 

- Métodos físiscos.
- Métodos químicos.
- Métodos de desinfección.


2) Describe brevemente as etapas do proceso de depuración de augas residuais. 

- Nos sistemas de depuración natural utilízanse languaxes que son algas e bacterias suspendidas na auga, os filtros verdes con diferentes especies herbáceas ou leñosas, e as zonas

- Os sistemas de depuración dura que se levan a cabo nas EDAR nas que se realizan os seguintes tratamentos da auga:

- Pretratamento: no que se retiran os grandes sólidos da auga.

- Tratamento primario: utilizanse os procesos fisicoquímicos para eliminar os sólidos que aínda se atopan na auga.

- Tratamento secundario: procesos biolóxicos para eliminar todo tipo de materia orgánica.

- Tratamento terciario: elimínanse a materia orgánica que non se eliminou no proceso anterior, e para rreducir os nutrientes como o fósforo e o nitróxeno.




jueves, 9 de mayo de 2019

TEMA: 8 PÁX: 149

1) En que cres que se diferencia a agricultura ecolóxica da agricultura tradicional? Como se adoitan combater as pragas na agricultura tradicional?

A agricultura ecolóxica ou biolóxica contribúe ao mantemento do solo porque exclúe o uso de productos químicos sintintéticos como fertilizantes, praguicidas, antibióticos etc, e proporciona alimentos con todas as súas propiedades naturais. Así mesmo, nela, realízase a rotación de cultivos e a eliminación de pragas mediante elementos naturais.

Mentres que a agricultura tradicional é a que se ocupa de explotar os solos como un medio polo cal se poden obter grandes e extensas produccións de cultivos.
Existen os cultivos extensivos, onde grandes extensións de terra se dedican a un único cultivo nos que o equilibrio do ecosistema se perdeu, xunto á biodiversidade. Neste tipo de cultivos é frecuente o uso de herbicidas e outros productos químicos co fin de aumentar a producción. Co paso do tempo vaise perdendo a fertilidade do solo con este tipo de cultivos.



2) Pensa e indica que usos do solo utilizarías ti directamente dos relacionados no esquema. Cres que algún destes usos é prexudicial para o solo? 

Utilizaría o recreativo (parques e xardíns) porque considero que é o que menos afecta ao solo. O resto e prexudicial para o solo e para os seres vivos que habitan nel.





















TEMA:8 PÁX: 147

3) Cal é a diferencia fundamental entre recursos renovables e recursos non renovables? Recursos non renovables é sinónimo de que non se renovan nunca? 

- Os recursos renovables son aqueles cuxa capacidade de rexeneración é máis rápida que o ritmo ao que se explotan e consomen; son inesgotables a escala humana.




- Os recursos non renovables son aqueles que existen nunha cantidade fixa na natureza e se xeran de forma lenta, mediante procesos xeolóxicos, físiscos ou químicos que teñen lugar ao longo de millóns de anos. Estes rexenéranse moitísimo máis lentamente do que se explotan e consomen.

Non rexenéranse moitísimo máis lentamente do que se explotan e se consomen.


4) Indica a que tipo de pertencen cada un dos seguintes elementos: unha árbore, un mineral de ferro, o atún, a luz solar e o petróleo. 

- RENOVABLES: a luz solar.
- POTENCIALMENTE RENOVABLES: o atún.
- NON RENOVABLES: unha árbore, un mineral de ferro, o petróleo. 







jueves, 2 de mayo de 2019

TEMA:8 PÁX: 146

1) Observa a frecha que sinala o movemento no que tivo lugar a peste negra e comenta de que modo afectou ao tamaño da poboación. 

A peste negra afectou a moita poboación aumentando así a poboación de maneira negativa xa que provocou millóns de mortes. Cando se acabou coa peste negra a poboación aumnentou.


2) Cres que o tamaño da poboación humana pode aumentar indefinidamente? Por que? 

O tamaño da poboación humana non pode crecer de maneira indefinida.

A Terra de onde obtemos os recursos, é un sistema pechado, limitado, cunha capacidade de carga. É dicir, a especie humana pode que crecera dunha forma case exponecial durante os últimos 200 anos, pero os recursos que necesitamos para vivir non son ilimitados. Pode ser que a capacidade de producción e subministro de alimentos auga e recursos en xeral sexa superada pola demanda, froito dun crecemento poboacional sen medida.
Segundo estudos recentes, o aumento na poboación do mundo provocará en 2030 unha crise global con escaseza de alimentos, enerxía e auga. Se o crecemento da poboación humana non diminúe, os seres humanos enfróntanse a decisións moi difíciles. Porén, mediante a revisión das consecuencias do crecemento da poboación pódense encontrar solucións ao problema antes de que o impacto na Terra sexa irreversible.




JOHN RAMBO BIOLOGÍA